Blogia
Andresadas

Política

Vosotros lo acordareis!

Descarga aquí a montaxe sobre os matrimonios homosexuais

Este é un traballo para a práctica da asignatura de Opinión Pública. A profesora díxonos de localizar un fenómeno de opinión pública e analizalo. Nós, decidimos realizar unha análise sobre os matrimonios homosexuais, pero precisabamos coñecer millor a opinión da xente... E a verdade é que esta sorprendeunos... Desde que ía contra natura, que era unha desviación... Ata que debería de levarse a cabo hai anos antes e que a Igrexa debería calar... Simplesmente vede a montaxe, e que cada un que saque as súas próprias conclusións... Espero que o desfrutedes!

 

Vídeo contra a FAES... todo un contraataque...

Vídeo contra a FAES... todo un contraataque...

Descarga aquí este vídeo de minuto e medio, no que "busca" as verdades da FAES

Tras as eleccións de marzal de 2004, nas que o día 14 dese mes, saiu victorioso o PSOE, multitude de organizacións fascistas afirman ter a verdadeira razón da súa victoria: a manipulación do resultado electoral vén dado polos horribles atentados acontecidos o 11-M... Participaron os socialistas, ou coma eles denominan "la izquierda española" na colocación das bombas? Aproveitaron os socialistas o horrible atentado para lograr captar máis votos o 14 de marzo?...

Estas dúbidas (que non deberían nin tan sequera ser plantexadas), son algunhas das realizadas no bochornoso vídeo da FAES, no que afirma que algunha das primeiras preguntas dos terroristas arrestados foi: Quen gañou as eleccións? Paréceme vergonzoso que alguén poida dicir que un goberno gañou unhas eleccións aproveitándose dalgo de tal gravedade e tan serio coma o 11-M, o atentado máis amargo e con máis víctimas en territorio español...

Non sería que o chamado "voto útil" xurdiu efecto? Non será que máis da metade de España deuse conta que o goberno do PP mentía, inganaba e roubaba ós españois...? O fuel oil non foi esparcido polos socialistas (o cal non quere dicir que se estiveran eles no goberno, non puidese suceder de igual xeito a catástrofe), nin tampouco enviou ás tropas españolas á Guerra do Iraque...

En vez de pensar no 11-M, por que non se preocuparon do resto de graves erros que cometeron durante oito anos???

Este vídeo é toda unha delicatese para todo aquel que queira comparar un con outro...

Aznar, millor non vaias a San Lázaro...

Aznar, millor non vaias a San Lázaro...

Descarga a quí a visita de Aznar a San Lázaro

 

Nunca Máis reúne para nós, os "millores" momentos dos dirixentes do Partido Popular en visitas ó noso país... Non hai máis que ver coma foi recibido Jose María García Aznar o 26 de Xaneiro de 2003, nunha visita á capital de Galicia, onde paseou polas distintas delegacións do goberno e asistiu o pazo de exposicións de Galicia a recibir unha conferencia sobre a situación que estaba a sufrir Galicia naqueles tempos...

Mentres paseaba, aí temos os victores da xente, alabando o noso presidente... Isto é digno de ser escoitado...

alonso

a ver a ver a ver

Os asuntillos do Partido Popular

Os asuntillos do Partido Popular Gustaríavos coñecer os arquivos ocultos, as cousas que ninguén soubo, quixo saber nin puido averiguar? Todo iso témolo nun arquivo pdf, para todos aqueles que queiran saber cales son as experiencias, os fraudes, as maiores pantomimas da historia deste partido.

Todo elo, por cortesía de Andresinho, a través dun simple click... Clica aquí!

É necesario ter Adobe Acrobat Reader...

Fran Perea, copión!

Fran Perea, copión! Pareceravos unha acusación demasiado directa e cruel, pero despois de escoitar o que a continuación vos facilito, non dubidaredes en dicir o mesmo ca min. Fran Perea e o seu éxito Uno más uno son siete... Ten un parecido máis que razonable con outra canción que ten máis de dez anos... Casualidade? Este audio, titulado Parecido razonable, é outra perla dos nosos amigos de El Rellano.

Clica aquí para descargar

A psicoloxía da cor: O amarelo

A psicoloxía da cor: O amarelo Neste artigo me gustaría acercarvos á psicoloxía da cor, neste caso, da cor amarela. Que vos suxire o amarelo? É símbolo de mala sorte? Causa fario? Ten algo que ver coa escea teatral? Aquí tedes a dous psicólogos que expoñen a súa teoría...

Segundo Lüscher o mais característico da cor amarela é " a claridade que reflecte a luz e dese modo a irradia a todos lados, a relucente serenidade". O amarelo se corresponde coa libre distensión, coa disolución. "En psicoloxía o amarelo significa un alivio fadigosa, agoviante e inibidor." "O amarelo sempre empurra cara diante, cara o novo, o moderno, cara o futuro." Halder di: "Xunto a outras tonalidades de cor, o amarelo se adxudicou a unha especie de síndroma impulsivo, xa que a sua relazón coa motivación para o rendimento e coa atenzón externa guiada por un obxectivo final, pero non obstante emotiva, é evidente".

E vós que opinades? Que sensación vos causa unha parede amarela, ou unha persoa que viste de amarelo...?

Machos, unha serie... Machista ?

Machos, unha serie... Machista ? Machos é unha das séries de mais éxito de toda Latinoamérica. Sete irmáns, e o patriarca Ángel que os domina ao seu gusto. Eles son, a família Mercader. En Chile, a audiencia enganchouse de maneira increibel durante oito meses no canal 13. Nesta série vivimos as aventuras destes irmáns, os amores, os desamores, os engaños que sofren, e demáis anécdotas que tolean aos espectadores. Debido á actitude e o temperamento do patriarca, teñen que comportarse como auténticos machos se queren ser aceptados por el.

Mais alá de ser unha producción televisiva exitosa, Machos marcou o regreso da Área Dramática de Canal 13. Verónica Saquel, traballadora do Canal 13, directora desta área, sempre confiou en que o traballo que se estaba a realizar nesta producción estaria cheo de triunfos; e non se enganou. A principal referéncia da série era o ámbito familiar e de amigos. Machos, ademais de lograr disparar os audímetros, tamén conseguiu obter un impacto social somamente forte.

Todo o mundo queria máis de Machos, e as empresas se deron conta de iso. Eventos, desfiles e mesmo publicidade foron parte da seguidiña de logros que conseguiron certos actores da história. Por iso, tentóuse expander o seu fenómeno ao resto do planeta. Tal foi o renome que atinxiu a teleserie, que a súa fama traspasou as fontreiras. En decembro de 2003, a história dos Mercader foi transmitida por TVE para toda España. A serie comezou tendo éxito pola novidade, pero ainda asi, durou pouco tempo en antena. A sua Banda Sonora, foi, se cadra, o que mais éxito tivo. Todos lembrámola: Macho, macho, macho...

Nunca tiven a oportunidade de ver esta série, pero o seu argumento semella insulso, e falto de sentido. Ten mais de telenovela que de série. O título dino todo: téñense que comportar como machos, o cal xa supón crerse superior á muller. O símbolo de home na O do título, outro símbolo representativo que a série pode significar. Considero que en case todas as séries, hai connotacións machistas, pero ainda asi, seguramente esta se leve a palma..